Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de julio de 2015

CORES TOURÍS ABANDONA CAMBADOS






O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís,comezou hai dias unha rolda de visitas institucionais  aos concellos que contan, dende o pasado 24 de maio, con novos alcaldes e alcaldesas dentro do ámbito de actuación da Delegación Territorial de Pontevedra.

O obxectivo destas visitas, como explicou Cores Tourís, é “falar cos alcaldes e alcaldesas co obxectivo de coñecer cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses”.
Nestes dias fixo visitas a unha decena de concellos, Mondaríz, Tui, A Illa de Arousa, Barro, Ribadumia, Cuntis, Pontesures, As Neves, Sanxenxo  e Portas, foron os concellos que visitou Cores Tourís.
Curiosamente Cambados terra do "Superdelegado" non entra en principio nos plans da Cores Tourís.
Segundo fontes da Xunta e da delegación non se concertou entrevista coa nosa alcaldesa. Ben é certo que coincidiron en outras duas reunións de Fátima Abal co Capítulo Serenísimo, no que se abordaron temas relacionados coa Festa do Albariño. 
Agardemos que pronto se acerque ao Concello e cando menos escoite á nova corporación como xa fixo coas nomeadas anteriormente.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.