Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de julio de 2015

AGÁRDASE UNHA COLLEITA EXCEPCIONAL DE ALBARIÑO, EN CANTIDADE








O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas agarda que este ano a colleita se sitúe entre os 32-35 millóns de quilos de uva, case un 40 por cento máis que o ano pasado e en torno ó dez por cento superior á media anual na DO. É a estimación que se realizou o pasado venres no pleno do consello celebrado esa mañá. As previsións de vendima, se a climatoloxía sen mantén estable, mantéñense na primeira quincena de setembro. 
Segundo os datos aportados polo órgano de control do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, o pleno da entidade acordou fixar a estimación de colleita para este 2015 entre os 32 e os 35 millóns de quilos de uva. A cifra supón un aumento de en torno ó 35-40 por cento con respecto á pasada campaña, cando os problemas en floración e os fortes ataques de mildiu deixaron o volume recollido en torno ós 24 millóns de quilos; e un dez por cento superior á media anual na DO.   Con esta previsión de aumento de colleita agárdase que a calidade da uva tamén sexa moi boa, se ben é preciso a entrada no envero en próximos días e que chova.   Con estes baremos, e se a campaña se mantén estable, agárdase que os traballos de vendima se comecen na subzona do Salnés a mediados de setembro e no Rosal uns días antes.  




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.