Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de junio de 2015

LOUZÁN, O ESPERPENTO...








  A presidencia da Deputación de Pontevedra continúa sen dono. A pesares das negociacións, PSOE e BNG non son quen de achegar posturas. Unha vez máis, as críticas máis duras de Rafael Louzán dirixíronse ao Partido Socialista. Para o líder popular, o único obxectivo da formación é evitar que goberne o PP. Menos duro foi co BNG. Louzán insistiu en que a súa formación continúa aberta a negociar cos nacionalistas que, segundo o aínda presidente, se atopan nunha encrucillada. O presidente provincial tampouco perdeu a ocasión para recordar que o Partido Popular foi o verdadeiro gañador das pasadas eleccións, aínda que non chegue a gobernar a Deputación. Ademais, insistiu en que a súa formación está lexitimada para formar goberno e seguir adiante coa reforma das Deputacións que, ao seu modo de ver, xa empezaron hai anos. Recordou que no que levamos de ano a institución destinou 50 millóns de euros a pequenos e medianos concellos para a prestación de servizos básicos. Supoñemos que non foron do seu peto ou dos sobres "B", senón cartos de todos.

Louzán non lembra que pouco menos lle falta que baixar os pantalóns para que o BNG, cedéndolles a presidencia a os nacionalistas, pacte con eles na Deputación de Pontevedra incluso rompendo a "Ley" de que goberne a forza máis votada. Esperpéntico si que es ti meu benquerido Louzán.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.