Este venres quedará aberta ó público a exposición titulada "A cor da Alma" do pintor e mestre de pintores cambadés Mon Costa.
A mostra permancecerá aberta ó público dende o venres 12 de xuño ata o 12 de xullo. Horarios de visita: de luns a venres, de 10 a 14 horas pola mañá, de 16.30 a 20 horas pola tarde. Sábados, domingos e festivos, de 10,30 a 14 horas pola mañá e de 16,30 a 20 horas pola tarde.
José Ramón Costa Trigo, mais coñecido en Cambados por Mon Costa, é autor dalgúns cadros que parecen verdadeiras fotografías. Mon Costa ten unha bagaxe como pintor excepcional, ademais de mestre, ten a súa academia fronte o instituto Ramón Cabanillas.
"Có seu dominio extraordinario da técnica consigue composicións perfectas, creadas con esforzo, dedicación e paixón, soltura có pincel e interesantes análises psicolóxicos dos personaxes por medio dun profundo sentido da observación da realidade”. (Rocío Acha, directora dos museos de Cambados)
O periodista Carlos Crespo definía o seu traballo dun xeito marabilloso “A súa paixón polo medio rural, e como non, polo mar, asoma aos lenzos e os emborracha como a luz que os posúe”.
A primeira exposición de de Mon Costa foi no ano 1985 no Parador Nacional do Albariño. E dende auqela a súa carreira non parou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.