Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de junio de 2015

EXPOSICIÓN "ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS" ESTÁ EN CAMBADOS






Desde hoxe xoves 04 ao venres 19 de xuño de 2015 os alumnos, profesores e todos aqueles que se acheguen ao I.E.S. Asorey poderán disfrutar da exposición sobre: “Áreas Mariñas Protexidas”.  
A exposición está integrada por 23 paneis e un módulo audiovisual. 
Está cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

“Áreas Mariñas Protexidas” é unha exposición elaborada polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia” (CEIDA) coa finalidade de achegar este concepto ao público e á sociedade.
Coa realización desta exposición plantéxanse varios obxectivos:
- Sensibilizar á poboación en xeral (ao público visitante) arredor da importancia do mar e do litoral como patrimonio esgotable e recurso espiritual, cultural e económico.
- Dar a coñecer a figura das Áreas Mariñas Protexidas como eficaz estratexia
de conservación do mar e o litoral.
- Sinalar o papel que cada un de nós, cidadáns de todas as idades, pode xogar á hora de inclinar a balanza cara á conservación, ou non, do mar.

Na exposición poderás atopar información sobre a situación actual das Áreas Mariñas Protexidas e outros temas arredor delas. Esta información estrutúrase en catro bloques:
- Recursos do mar
- Problemáticas de conservación
- A pesca en Galicia
- As Áreas Mariñas Protexidas
Podes atopar máis información no apartado contidos desta web. Para consultar as características técnicas, accede a características.
A exposición ten carácter itinerante e percorre Galicia. No apartado itinerario podes consultar os lugares e datas. Para aquelas entidades interesadas, poden contactar no apartado Como solicitala.
Esta exposición forma parte do Programa Amares para promover a explotación sostible dos recursos mariños, por acordo subscrito entre as Consellerías de Pesca e Asuntos Marítimos, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvmento Sostible e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.