Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de junio de 2015

EXPOSICIÓN DE CARTEIS PREMIADOS NA CAMPAÑA ESCOLAR DO SPAD EN CAMBADOS







Dende o día 5 ao 30 de xuño de 2015 vaise levar a cabo unha exposición de carteis con temática de prevención do uso/abuso de alcohol e fomento de bebidas saudables ("Prevealcohol cos nenos e nenas") no Centro Sociocultural A Merced (1º andar). 
Estes carteis corresponden á décima edición dos obradoiros de bebidas saudables organizada polo Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias (SPAD de Arousa), foron elaborados por parte do alumnado de 5º de Educación Primaria (10-11 anos) dos centros educativos de Cambados. 
En total a exposición está composta de 21 carteis e na súa eloboración participaron 90 alumnos/as e 6 mestres/as de catro centros educativos: CEP Antonio Magariños Pastoriza, CEIP Castrelo, CEIP Enrique Barreiro Piñeiro e CEIP San Tomé.
Os obradoiros de bebidas saudables (intervención preventiva en relación co alcohol) realizáronse durante o actual curso escolar en todos os concellos da área xeográfica de actuación do SPAD. En Cambados realizáronse 4 obradoiros (9 sesións), nas que participaron 140 escolares e 7 profesores dos catro centros escolares antes citados.
O día 26 de maio celebrouse a selección dos carteis premiados, na que participaron como xurado: tres técnicos de Cultura do Concello; tres representantes das ANPAs dos colexios de Castrelo, Enrique Barreiro de Vilariño e San Tomé; xunto coa responsable da área de Prevención do SPAD de Vilagarcía.
O día 11 de xuño, ás 17:00horas, vaise celebrar no Centro Sociocultural A Merced (1º andar) o acto de entrega de diplomas e lotes de material didáctico aos premiados desta edición. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.