Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de junio de 2015

ATRAPADO POLO SEU PASADO






    ATRAPADO POLO SEU PASADO
Houbo un tempo que ao Director de Cine Brian de Palma se lle tildou de ser un novo Alfred Hitchcock pola maestría no seu uso da elipse, do suspense, e da teatralidade levada ao cinema. Pablo Picasso, o pintor Malagueño dicía que non sabía o que era a inspiración pero que si viña a poder ser que o collera traballando. E así foi ata que se esvaeceu para De Palma  unha vez rematou este filme con   Al Pacino e Sean Penn maxistrais na súa actuación.
Fago paralelismo co que acontece con Luis Aragunde coma anti-heroe que tenta como seña salvalos muebles. Hoxe se pasa “tres pueblos” en dous diarios de Arousa unha vez non aceita o que foi unha debacle en toda regra do Partido Popular de Cambados ainda que ao final acade o concelleiro que  precisa  para gobernar catro anos máis.
Como tal se pode tildar o  furibundo ataque  á Portavoz da Agrupación Socialista Fátima Abal. Entre as perlas que solta o Alcalde en Funcións é a baixada electoral do Ps de G PSOE cando non é tal. Mantén os resultados de 2011 e sube en votos cando tivo que bregar contra un “establishment” que o PP ten cos medios de comunicación (prensa escrita) de auténtico luxo, só abonda con ler o publicado os tres derradeiros días de campaña senon estaríamos falando de 4 ou 5 concelleiros,  non 3.
Segundo punto a perda da maioría absoluta do PP é por mor da aparición en escena de Cambados Pode e o traballo brutal de Fátima Abal perante catro anos entre outras cousas,  eso é algo incuestionable. Agora que está nunha posición incómoda  sacúdelle a Fátima coma unha piñata porque foi a culpável da desbandada dos seus votantes, certo,  porque lles abríu os ollos e con Fátima non se negocia.  E a vía Xudicial está aberta  para quen a queira empregar cando se presumen actos que rozan o que podemos denominar coma “exóticos” e impropios dun Estado de Dereito. O que non se pode facer Aragunde é convertir unha Institución como é un Concello na túa casa onde fas e desfás ao teu antoxo. A Oposición está no seu dereito de pedir información e fiscalizar a labor de Goberno (art. 46 Lei de Bases de Réxime Local).
O mestre de Aragunde  ensinoulle  ben pero non reparou nunha cousa Luis, que cando Cores Tourís gobernou non había esta crise económica e se equivocou  de libreto e seguíu as directrices de Núñez Feijoó coa “austeridade”. Erro maiúsculo  que penalizou e moito coa perda do 30 % do seu electorado,  1.500 votos,  e o pior de todo: a súa reputación. Eu non son quen de dicir o que ten que facer Fátima pero a respeto e a valoro porque sabe coma min que é un sinsentido ter 400.000 euros de superávit aí parados habendo a necesidade que hai. Que mo explique alguén coma se pode deixar a xente tirada despós de lle prometer traballo (mal feito), coma pode blandir que son as siglas as que lle fixeron perder ese inxente número de votos …
NON:  foi non actuar con presteza e paliar a necesidade da xente, foi ser un Alcalde de Despacho cando Orozco, Lores, e Alcaldes do PP tardan dúas horas en chegar ao Consistorio porén os veciños os paran pola rúa e lles falan en persona dos seus problemas. Hai que pedir “audiencia” para falar con Luis , nin que fora o Papa Francisco I.  Cercanía ten cando son “cercanas” as eleicións,  e moita soberbia cos que non son do seu xeito de pensar entrando en locais públicos e nun acto de “convicción” invitar a copas a todo o mundo agás a algúns (eu nunca lle aceitaría nin un café). Mal cando lle adica insultos aos Blogs que din o que pensan (ainda que en ocasións se trabuquen) cando eles non teñen  responsabilidade política algunha coma él.  Cando un está incómodo no seu traballo comeza a buscar inimigos por todas partes, e é o que está a facer, porque leva un Concello coma si fora  unha Empresa Privada. Pode demandarme a min tamén polo seu Dereito ao Honor porque ten un ego que non entra nin pola porta con il. Honor: a imaxe de Cambados feita trizas por non entregar a documentación que a oposición por lei lle corresponde, acoso o que fai cando nos Plenos a súa xente adícase mofarse dos demáis entre outras cousas,  e os Xuíces non son parvos e coma calquera (eu tamén) si ten un  que rendir contas ante a Xustiza a nosa  obrigación é colaborar con ela. Non sei se o seu exemplar da C.E é coma o meu pero le cos renglóns torcidos en todo caso. Se quers agora porse nunha posición de “vítima” que  olle o que fixo nestos 6  derradeiros anos,   que colla un xornal  e lea, ou máis ainda, que llo recorte ben Benito Leiro. Me da a sensación que é  coma José Mouriño, “un ser que non é deste mundo”.

Óscar Manuel Núñez.-




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.