Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de junio de 2015

ANTE UN MOMENTO HISTÓRICO, ALTURA DE MIRAS






Estamos diante dunha decisión histórica para Cambados. Os partidos da esquerda e Cambados Pode, teñen nas suas mans mudar o goberno no noso concello e para elo quedan horas para que finalmente cheguen a bo porto as conversas que están a manter.

A decisión final depende das executivas e asembleas dos partidos en cuestión algo que todos deberíamos acatar e respectar, aínda que non se compartan. Todos deben ceder en cousas pero o importante é que a liña programática sexa a mesma  e neso poucas diferencias hai mirados os programas dos 4 grupos en cuestión.
O debate é bo e ademáis necesario a pesares que os partidarios da dedocracia non o crean. Estos non creen que os debates nas redes sexan bos. Ben é certo que algúns simpatizantes de todos os partidos o fan de forma vehemente, incluso moi vehemente as veces pero non deixa de ser un debate.  

Tanto PSOE, BNG e SOMOS CAMBADOS (CAMBADOS PODE ven de confirmar hai escasos minutos que apoiarán a Tino Cordal para alcalde)  deben refrendar o acordo de ao que se chegou onte pola noite, para que mañán o bastón de mando troque de mans e sexa máis do pobo que nunca ou quede nas mans de quen entende a política de forma partidista apartando do camiño ou tentandóo a quen non comulga coas suas ideas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.