Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de junio de 2015

A DEP. DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN EOI ORGANIZAN XORNADAS DE INNOVAVIÓN EMPRESARIAL EN CAMBADOS








Difundir entre o tecido empresarial da provincia os beneficios da innovación na xestión empresarial, financeira e asociativa para mellorar a competitividade das pemes é o obxectivo do programa de actividades que, ó abeiro do proxecto PROPONTE, se van desenvolver ó longo deste mes de xuño nos centros CPAE 2.0 da provincia.


Sesións en aberto
Nas seis sesións formativas expertos asesores de INDRA e a Fundación Escola de Organización Industrial (EOI) informarán da importancia da creatividade e a innovación para mellorar a competitividade dentro do tecido empresarial, así como da necesidade de aplicar plans estratéxicos para aumentar as vendas. Estas xornadas desenvolveranse nos centros provinciais de asesoramento empresarial, CPAE 2.0, da provincia co fin de permitirlles unha maior dispoñibilidade ás empresas participantes.
O 24 de xuño a Deputación de Pontevedra, na súa sede de Rías Baixas, acollerá a xornada que poñerá fin ó proxecto. Unha sesión na que se dará conta dos resultados do proxecto PROPONTE e dos beneficios que da innovación empresarial se desprenden no conxunto da sociedade.
A xornada contará ademais coa participación dun prestixioso bróker internacional, Josef Ajram. Este coach e triatleta barcelonés vai analizar os segredos de todo bo inversor tendo en conta a súa propia experiencia en dous mundos que nada teñen que ver, o deporte e a economía, pero que se renden a unha fórmula maxistral baseada na constancia, a disciplina, o cálculo de posibilidades e capacidades e unha gran dose de sentido común.
Programa PROPONTE

. O asesoramento profesional e gratuíto proporcionado permitiu que estas pemes se consolidasen como empresas innovadoras evitando o risco de fracasar no seu primeiro ano de vida.
Un 52,2% destas empresas teñen menos de 2 anos de creación, o 18,8% teñen entre 2 e 5 anos de vida, e o 29% restante levan máis de 5 anos funcionando.
A adhesión a este programa permitiulles ás empresas adheridas dispoñer dun diagnóstico individual previo co que detectar as capacidades da compañía para deseñar e implantar os programas de innovación axeitados á súa actividade, así como identificar as oportunidades de negocio para mellorar a súa xestión e desenvolver produtos de maior viabilidade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.