Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de junio de 2015

ROTAS AS NEGOCIACIÓNS PARA UN GOBERNO ALTERNATIVO AO PP






Os representantes de BNG, PSOE e Somos Cambados queren facer saber aos veciños e veciñas de Cambados que en reunión celebrada hoxe polas catro forzas políticas que o pasado martes manifestaran o seu desexo de crear un goberno democrático alternativo ao PP rompéronse as negociacións definitivamente.
A razón da ruptura foi a decisión inamovíbel de Cambados Pode de votar polo seu candidato a alcalde.
BNG, PSOE e Somos Cambados consideramos que esa imposición impide calquera tipo de alternativa conxunta ao PP. Manifestamos ademais a nosa decepción pola actitude de Cambados Pode, que supón darlle a alcaldía ao PP frustrando os desexos manifestados pola maioría dos cambadeses e cambadesas o día 24 de maio.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.