Coruñesa de Narón, o I Campionato Galego e Norte de España da Asociación I.B.F.A de Físico Culturismo e Fitness organizado polo Club Revolution Fitness Center, dirixido polo actual presidente Nacional da Asociación I.B.F.A., Luís Pernas. Ata alí desprazáronse os competidores Cambadeses Eloy González Costa, Damián Diéguez Prado e Micaela Santillán
Nanín, do Club Vital Sport Cambados, o cal forma parte do equipo de competición Body Sport Team, de Pontevedra e dirixido polo preparador Julio García Pampín, campionato no que se puido ver un elevado nivel en todas a categorías.
Na categoría Body Fashion Masculina, o competidor Cambadés, Eloy González Costa alzouse coa primeira praza, coroándose como Campión Galego e Norte de España I.B.F.A. 2015, tras medirse con competidores galegos e tamén competidores provenientes da comunidade de Castela e León, e no caso de Damián Diéguez Prado, aínda que realizou un moi bo papel sobre o escenario, obtivo a sexta praza da modalidade.
No caso de Micaela Santillán Nanín, competiu na categoría Body Fashion Mujeres, e tras exhibir unha excelente preparación sobre o escenario do auditorio de Narón, obtivo un gran triunfo ao conseguir a primeira posición da categoría e alzarse co título de Campioa Galega e Norte de España da modalidade.
Cabe destacar que os tres competidores Cambadeses participaran o domingo anterior no III Campionato Galego e II Norte de España da Asociación A.E.F.F., celebrado na localidade de Cambados, na que Eloy González se alzou co título de Campión Galego na categoría Men's Fashion, e Micaela Santillán con dous títulos, o de Campioa Galega e o de Campeona Norte de España na categoría Bikini.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.