Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de mayo de 2015

FÁTIMA ABAL PRESENTA O PROGRAMA ELECTORAL DOS SOCIALISTAS






Fátima Abal presenta o programa electoral co que concorrerá ás eleccións municipais.
A candidata socialista á alcaldía de Cambados, Fátima Abal, presentou o programa electoral co que concorrerá ás eleccións municipais do 24 de maio, e que será repartido durante esta campaña electoral.
O programa, dividido en 10 apartados, preséntase en dous formatos: por una banda, no clásico formato impreso que será repartido polas casas, e que foi realizado en papel reciclado como mostra do firme compromiso coa defensa do medio ambiente, e por outra banda como novidade este ano estará dispoñible unha versión dixital, máis ampla e que poderá ser consultada na páxina web www.socialistascambados.com
Fátima Abal apunta que “un dos motivos que nos levou a facer esta versión dixital foi a de poder chegar á máxima cantidade de veciños e veciñas, algo que non sempre é posible coa versión impresa. Por eso animo a tódolos vecinos e veciñas a que consulten o programa na nosa web”
En canto ao contido do programa, a candidata socialista afirma que “lonxe dos megaproxectos faraónicos e soños irrealizables que outros prometen e que hipotecarían o futuro da nosa vila, o que queremos os socialistas é un Cambados das persoas e para as persoas, cun concello que estea ao servizo dos seus veciños e veciñas e non ao revés. Por eso, moitas das medidas que propoñemos van encamiñadas á participación veciñal na vida pública. Unha participación que vai unida intrínsecamente coa transparencia, porque queremos que todos e cada un dos veciños e veciñas sepan en todo momento cómo xestiona e en que emprega o concello os seus cartos.”
“Ademáis, queremos un concello que teña un papel activo na loita contra o desemprego e contra a exclusión. Necesitamos de políticas activas para evitar que os nosos xóvenes teñan que saír a buscarse a vida fora cando Cambados ten uns potenciais que deben ser xestionados para o benestar dos seus habitantes.”



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.