Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de mayo de 2015

MITIN DE SOMOS CAMBADOS EN CORVILLÓN





Na tarde do onte venres, SOMOS CAMBADOS iniciou os seus actos da campaña electoral cun mitin no Colexio Público de Corvillón. Interviñeron o candidato á alcaldía, Tino Cordal, o número dous da candidatura, Xurxo Charlín, e os candidatos de SOMOS CAMBADOS veciños de Corvillón, Antón Sineiro e Rita Mosteiro.

No mitin, ao que acudiron arredor de sesenta persoas, expuxéronse as principais propostas de SOMOS CAMBADOS, incluídas no seu ¨Programa de Goberno. 50 medidas para cambiar Cambados¨, cuxas prioridades son Axudar ás persoas que o precisan, Impulsar a creación de emprego e Fomentar a igualdade de oportunidades para todos os cambadeses e cambadesas.

As propostas de SOMOS CAMBADOS para defender o sector do Mar ocuparon boa parte do acto, xa que Corvillón é unha parroquia que conta con moitos mariñeiros, armadores e mariscadoras. Tamén se falou da necesidade de melloras concretas en Corvillón, en cuestións como a auga, o saneamento, o pavimento dalgunhas rúas ou a necesidades de habilitar beirarrúas e beiravías.

O mesmo venres pola mañá, o candidato á alcaldía de SOMOS CAMBADOS, Tino Cordal, reuniuse co director do Colexio de Corvillón para coñecer de primeira man as necesidades deste centro educativo. Segundo o propio director do colexio, o máis importante por facer é un pavillón cuberto, ou a cubrición da pista polideportiva, así como a dotación ao colexio dun patio cuberto en condicións. 
  
SOMOS CAMBADOS é unha candidatura veciñal que non depende de ningún partido político, polo que o noso financiamento procede exclusivamente das doazóns dos nosos simpatizantes.

Un dos nosos obxectivos principais é levar a honradez e a transparencia ao Concello. SOMOS CAMBADOS quere predicar co exemplo: calquera cidadán pode comprobar na nosa web ata o último céntimo da procedencia dos ingresos e do destino dos gastos da nosa campaña.

SOMOS CAMBADOS invita ás demais forzas políticas a que fagan igualmente públicas as súas contas.


SOMOS CAMBADOS, desde a súa modestia, quere contribuír ao desenvolvemento do tecido comercial e industrial de Cambados; por iso gastará a totalidade do presuposto da campaña electoral en empresas cambadesas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.