SOMOS CAMBADOS denuncia públicamente como o Partido Popular de Cambados demostra a súa falta de ética na contratación da empresa que administra o Dominio da Páxina web do seu candidato, www.luisaragunde.es, que esta xestionado pola empresa Contalocal, S.L.

O que chama a atención de SOMOS CAMBADOS é a estraña coincidencia nos datos do dominio tanto da web do concello, www.cambados.es como na do Candidato do Partido Popular www.luisaragunde.es xa que, segundo a páxina do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a conta de correo electrónico da persoa de contacto técnico resulta ser a mesma, “programacion@contalocal.com”. Por iso piden que tódolos contratos desta empresa co Concello de Cambados se fagan públicos.

Esta empresa non só xestiona o dominio web do candidato do Partido Popular senón que tamén publicitou o vídeo promocional da anterior candidatura do PP. Ademais de publicitar vídeos promocionais do Concello de Cambados. Os seus acordos comerciais co Concello de Cambados comezaron fai xa uns anos, como se pode comprobar nunha nova do 05/05/2005 na que os técnicos desta empresa explicaban xunto coa daquela Tenente de Alcalde do Concello de Cambados, Rosa Oubiña, como se estaba a facer un novo sistema de comunicación interna dentro do Concello, do cal o máis importante ia ser: “extender determinados servicios a través de la página web. “Está previsto que cualquier ciudadano pueda realizar determinados trámites a través de la que será la nueva página oficial del Concello. «Poderase consultar información, pagar recibos e consultar actas», explicó la teniente alcalde, Rosa Oubiña”. A dia de hoxe, dez anos despois, estes servizos aínda non están habilitados na web municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.