Fátima Abal presenta novas propostas, esta vez en
relación coa terceira idade.

“Por iso, unha das nosas primeiras propostas será mediar para que os medicamentos para os pensionistas volten a ser gratuitos, para que os emigrantes retornados non sexan perseguidos como se fosen delicuentes e para que volten a ter todas as garantías que lles ofrece a Lei da Dependencia“
Promoveremos que os nosos maiores teñan unha formación axeitada en todo aquelo que se propoñan, como en Internet, informática, música e idiomas. E para elo concertaremos cursos específicos para eles.

Impulsaremos un centro de atención a dependentes, con independencia da idade, e ampliaremos os servizos de axuda a domicilio para que os que así o desexen poidan ser debidamente atendidos nos seus fogares.
Crearemos un Plan de Emerxencia Anticrise con reducción de tarifas e taxas para aquelas todas persoas que están atravesando dificultades e axudaremos, mentres non se elimine a medida, a todos aqueles que necesiten medicación de elevado custe, para que non teñan que deixar de tomala por motivos puramente económicos.
Ademáis, promocionaremos músicos da vila e dos arredores, nos eventos e bailes da terceira idade, tanto na Merced coma na Casa do Mar, e coma nas parroquias, para que os nosos maiores disfruten do tempo de lecer, cada fin de semana. Colaboraremos tamén coas asociacións para que poidan realizar excursións e actividades de ocio e disfrute para os nosos maiores e tamén colaboraremos con elas en todas as actividades que os nosos avós queiran levar a cabo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.