
O que debe quedar claro é que para o BNG, desde o concello, non se pode perder a oportunidade de solicitar as axudas públicas para a creación de novos postos de traballo e, en especial, o concello debe poñer todos os mecanismos para que a nosa mocidade poida acceder a un traballo digno sen ter que
someterse á vontade dos alcaldes e concelleiros de turno, senón polos seus méritos. Precisamos dunha mocidade formada, libre e responsable que participe activamente na creación dun futuro digno para Cambados. Esa é unha das razóns polas que criticamos a penosa xestión que Aragunde leva feito nos últimos anos respecto das solicitudes para acadar axudas públicas; concretamente referímonos ás subvencións para a contratación dun Técnico de Emprego ou Axente de Desenvolvemento Local. Un tipo de subvención pública que o concello pediu e recibiu ata o ano 2005 e que deixou de solicitar desde ese ano ata a actualidade. En total durante nove anualidades non solicitou estas subvencións, sen que houbese ningún impedimento legal para seguir facéndoo. A desidia e incompetencia do PP neste tema, fixo que o concello deixara de percibir, en total, sobre 200.000 € para a contratación do correspondente persoal e iso, contando co Xefe Territorial como amigo. Iso si, despois o PP diranos que no concello está a facer unha gran xestión económica. O BNG aposta claramente por outro tipo de xestión, unha xestión áxil e eficaz en contraposición a este modelo de xestión ou, mellor dito, de carencia de xestión do PP.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.