Con moito por decidir, a última xornada na Liga Adecco Plata despexou a grande incógnita do ascenso directo entregando ao Cáceres Patrimonio da Humanidade a primeira praza da competición. Un lugar con premio xa que os estremeños confirmaron deste modo a súa praza deportiva para a próxima edición dunha Adecco Oro á que regresarán tres anos despois.
Deste modo, o Amics Castelló será cabeza de serie en todas as eliminatorias de playoff tras a súa segunda praza, unha condición que aseguraran previamente coa conquista da Copa Adecco Plata o pasado mes de febreiro. Os subcampions enfrontaranse ao Grupo Eulen Ávila nunha primeira rolda ao mellor de tres encontros na que CEBA Guadalajara, Zornotza e Lucentum Alicante terán igualmente vantaxe de campo de cara ao primeiro e terceiro encontro. Os outros clasificados son Viten Getafe, Marín Peixegalego, o Xuven Cambados e o nomeado anteriormente Eulen Ávila
XUVEN-ZORNOTZA
Un excelente encontro de Tim (22 puntos), Joel (20) e o enorme traballo en defensa de Alpha fixeron que o partido se decantara do lado local.
Os dous equipos loitaron como si de unha final se tratase. Arreóns dun lado e doutro fixeron que o duelo fose parello en case todo momento. Pero entre a defensa de Alpha e os puntos dos seus compañeiros fixeron que a victoria quedara na casa.
Coa cuarta praza xa asegurada o Zornotza ST non puido pechar a Liga regular cun triunfo na súa visita a terras galegas. O conxunto vasco sucumbiu nun igualado encontro no que o acerto de Tim Withworth rematou por minar a moral dun equipo que chegou a poñerse por diante ao comezo dun último período sen poder culminar o último triunfo do ano. A vitoria dos seus rivais máis directos impediu a Cambados ter escalado máis postos nunha táboa que emparellou os galegos precisamente co que onte foi o seu rival e ao que devolverán a visita o próximo martes co inicio do playoff.
MVP: Tim Whitworth (Cambados) con +28 val, 22 puntos e 5 rebotes
O cadro resultante para o último mes de competición será o seguinte:
CADRO PLAYOFF ASCENSO 2014/15
Cuartos de final: Ao mellor de 3 encontros
A) Amics Castelló (2º) vs Grupo Eulen (9º)
B) CEBA Guadalajara (3º) vs Viten Getafe (8º)
C) Zornotza ST (4º) vs Xuven Cambados (7º)
D) Lucentum Alicante (5º) vs Marín Peixegalego (6º)
Semifinais: Ao mellor de 5 encontros
E) Vencedor Eliminatoria A vs Vencedor Eliminatoria D
F) Vencedor Eliminatoria B vs Vencedor Eliminatoria C
Final: Ao mellor de 5 encontros
G) Vencedor Semifinal L vs Vencedor Semifinal F
AS DATAS DO PLAYOFF POLO ASCENSO
Cuartos de final: Martes 28, sábado 2 de maio e martes 5 *.
Semifinais: Venres 8 de maio, domingo 10, venres 15, domingo 17 * e martes 19 *
Final: Venres 22 de maio, domingo 24, venres 29, domingo 31 * e martes 2 junio*
*Si fosen necesarios.
O Xuven recolleu alimentos para a operación Kilo solidario que organiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.