Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de abril de 2015

FÁTIMA ABAL DENUNCIA A SITUACIÓN DOS TRABALLADORES DE "AXUDA A DOMICILIO"






Na tarde de onte, Fátima Abal mantivo unha reunión cos traballadores que prestan o servizo de Axuda a domicilio en Cambados ante o abandono e a pasividade por parte do Alcalde.
Os traballadores puxeron anteriormente en coñecemento de Luis Aragunde a situación irregular que tiñan por culpa da empresa que ata o mes pasado tiña adxudicado o Servizo de Axuda no Fogar, Socyser, no Concello de Cambados.
En varias ocasións tiveron que denunciar o incumprimento do seu Convenio Colectivo, xa que non lles pagaban nin o salario mínimo, nin a antigüedade, nin se facían cargo dos desprazamentos.
A raíz da reclamación dos seus dereitos, os traballadores empezaron a ser obxecto de múltiples afrentas por parte da empresa. Primeiro, e coa desculpa de ser sustituidos ós domingos, festivos e vacacións, contrataron unha serie de persoas, carentes do certificado de profesionalidade para traballar en dependencia de axuda a domicilio, ós que máis tarde foron adxudicándolle tamén, horas de traballo durante a semana, de tal xeito que a plantilla antiga empezou a ver recortada a súa xornada laboral e por tanto os seus salarios.
Por outro lado, os mesmos traballadores denuncian que este “novo persoal“ , carecía tamén de contrato, chegando a darse o caso de que algún estaba cobrando o paro e prestando o servizo para a devandita empresa. Éste “novo persoal“, ademáis de non estar cotizando á Seguridade Social, non cobraban antigüedade, nin desprazamentos, nin os pluses de festivos, polo que á empresa lles saía máis rentable que fosen éstes os que máis horas fixesen durante semana.
Ademáis, denuncian que cada tres meses debería realizarse unha revisión das altas e baixas dos usuarios e así ir repoñéndolles horas de traballo efectivo, cousa que nunca se chegou a facer.
Ante a impotencia que estaban a vivir e o acoso que sufrían pola coordinadora da empresa, solicitaron unha reunión co Alcalde, na que éste lles prohibiu expresamente a asistencia ós representantes sindicais, e na que foron os propios traballadores os que o puxeron ó corrente de todo.
A situación se mantivo sen cambios sen que desde o Concello se lle instase á empresa a cumprir co Convenio Colectivo nin a cumprir coa Lei.

Desde hai un mes, unha nova empresa se fixo cargo  do Servizo de Axuda no Fogar mantendo ós mesmos traballadores que tiña Socyser, polo que os empregados teñen medo de estar en igual situación, xa que están traballando exactamente as mesmas escasas horas. Antes de que esta nova adxudicación se producise, pediron de novo reunirse co Alcalde, pero éste rexeitou facelo.
Agora agardan recelosos a primeira nómina, pois aínda manteñen varios pleitos pendentes coa anterior empresa, reclamando cantidades salariais do ano 2012 e 2013 e non queren embarcarse de novo nunha situación similar.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.