Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de abril de 2015

SOMOS CAMBADOS RECLAMA UN DÉBATE PÚBLICO ENTRE TODAS AS CANDIDATURAS DE CAMBADOS






Un dos principios fundamentais que inspiran SOMOS CAMBADOS é a necesidade de impulsar a participación dos veciños e veciñas na política de maneira activa. Por iso, entendemos como algo esencial da democracia dar a coñecer todas as candidaturas que se presentan ás eleccións municipais, para poder saber cales son os obxectivos e as propostas de cada unha delas.
En SOMOS CAMBADOS cremos na PARTICIPACIÓN DEMOCRÁTICA DIRECTA. Somos unha candidatura veciñal, construída para pensar unicamente en Cambados. Estamos a realizar un traballo intenso para dar a coñecer o noso Programa de Goberno e queremos contrastalocoas demais formacións que se presentan ás eleccións. Consecuentemente,RECLAMAMOS A CELEBRACIÓN DUN DEBATE PÚBLICO DE TODAS AS CANDIDATURAS. Non poñemos ningunha condición previa. Só queremos que se cumpra o dereito dos veciños e veciñas a coñecer todas as propostas que se presentan ás eleccións.
DEBATEComo ben afirma o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), na súa Proposta para que a cidadanía coñeza as ofertas electorais, os debates entre as distintas ofertas electorais son unha das condicións necesarias para que a cidadanía tome libremente a súa opción de voto. Así, segundo o CPXG, o criterio básico e principal que debe primar é o do interese cidadá, é dicir, o dereito da cidadanía a ser informada das distintas opcións políticas entre as que pode optar o 24 de maio. Entendemos que o debate debe ser un acontecemento social en si mesmo, non exclusivamente unha cita nun medio de comunicación.

Os veciños e veciñas de Cambados verían limitado este dereito a ser informad@s se só se celebra un debate no que estean unicamente presentes tres candidaturas,cando, ás vindeiras eleccións do 24 de maio, nos presentamos cinco.
Polo tanto, pedimos que se respecten plenamente todos os dereitos democráticos da cidadanía e se faga un debate aberto e público entre todas as candidaturas, no cal se sintan representados o maior número posible de cambadeses e cambadesas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.