A plataforma cidadá Somos Cambados vai celebrar este sábado 18 de abril, ás 18:00 horas no Salón de Actos de Exposalnés, unha asemblea para elixir a lista electoral coa que a plataforma veciñal se vai presentar ás vindeiras eleccións municipais.

Entre todos os que participen faremos unha lista plural, representativa de Cambados, incluíndo aos colectivos sociais, culturais e veciñais que o desexen. Tamén contaremos con persoas de diversos sectores profesionais, e cun adecuado equilibro territorial entre o núcleo urbano e as parroquias.
Ademais, falaremos dos próximos actos que realizaremos nas parroquias, xa que temos moito que escoitar dos veciños e veciñas non só do núcleo urbano de Cambados senón tamén de Castrelo, Corvillón, Oubiña e Vilariño.
Por outro lado, organizaremos grupos de traballo sectoriais (comercio, hostalería, ANPAS, deporte, cultura, xuventude, servizos sociais, etc.) co obxecto de reunirnos con representantes destes sectores e coñecer de primeira man as súas problemáticas.
Finalmente, realizaremos a elección do Administrador ou Administradores electorais de Somos Cambados para poder abrir a conta electoral, na que primarán en todo momento os principios de transparencia e rendición de contas. En Somos Cambados entendemos que a transparencia é fundamental para fomentar a participación e xerar confianza no proceso. Así, publicaremos regularmente o balance de ingresos e gastos, especificando as fontes de financiamento e o destino dos fondos, presentando de xeito detallado cada un dos gastos realizados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.