Os socialistas de Cambados invitan ós veciños á xuntanza “achégaTE a Fátima Abal que mañán venres se celebrará na parroquia de Corvillón
Despois das xuntanzas realizadas en Oubiña e en Vilariño, a candidata socialista á alcaldía, invita ós vecinos de Corvillón a que se acheguen ó Centro Cultural e a coñezan en primeira persoa .
Para eso, está convocada unha xuntanza este venres, 17 de abril, ás 20:30h. no centro cultural de Corvillón.
Esta será unha reunión aberta a todos os veciños e veciñas, igual que xa se fixo noutras parroquias, na cal os cales poderán opinar, debatir, propoñer e falar de todo o que afecte, dunha ou doutra forma, a esta zona.
Fátima Abal explica que “os veciños e veciñas son quenes mellor coñecen o seu entorno e, polo tanto, a súa participación é fundamental para a súa mellora e transformación. Cada zona ten as súas potencialidades, por eso queremos convidar a todas as persoas a falar das particularidades específicas de esa zona.”
“Ten que haber un contacto directo entre os políticos e o resto da cidadanía, xa que a nosa tarefa consiste en buscar solucións aos problemas das persoas. Por eso queremos que os cambadeses e cambadesas sexan os protagonistas do seu propio futuro, con iniciativas como os presupostos participativos, os cales presentamos recentemente, e outras moitas encamiñadas á participación veciñal.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.