A Xunta abre o prazo de inscrición do programa de voluntariado ambiental nas Illas Atlánticas no que poderán participar 380 persoas.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, presentaron hoxe en Santiago as características desta iniciativa que permite canalizar, a través do voluntariado, a participación activa dos cidadáns no coñecemento e conservación do medio ambiente natural, así como axudar nas tarefas de recuperación dos ecosistemas dos arquipélagos das Illas Atlánticas. As inscricións xa se poden facer a través da plataforma voluntariadogalego.org.
Segundo explicou Rodeiro, os voluntarios e voluntarias terán cuberta a manutención, o aloxamento, o material necesario para a actividade e contarán cun seguro de accidentes e de responsabilidade civil e, ademais, ao finalizar a actividade obterán un certificado acreditativo da acción voluntaria que realicen, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
Pola súa banda, a directora xeral de Conservación destacou que a través do voluntariado bríndase a oportunidade de xuntar a participación activa da sociedade no coidado e na conservación deste auténtico refuxio da biodiversidade, ao tempo que permite aos voluntarios gozar do parque e dos seus valores.
Catro accións diferentes
O programa de voluntariado ambiental conta nesta edición con catro accións diferentes.
No mes de maio, a illa de Ons contará con grupos de 6 persoas voluntarias en quendas de 5 días, de luns a venres.
En xuño, xullo e agosto, as illas de Sálvora e Cortegada terán grupos de 8 voluntarios en xornadas diarias, sen pernoctar. Os martes sairán do porto de Carril cara a Cortegada ás 12,00 horas, regresando ás 19,00 horas. E os xoves, a actividade terá lugar en Sálvora, entre as 10,00 e 18,00 horas, con saída desde Aguiño.
As accións que realizarán en Ons, Sálvora e Cortegada centraranse especialmente na colaboración cos técnicos do propio Parque Nacional en tarefas de oceanografía e recursos mariños, fauna, flora e biodiversidade. Entre outras labores, poderán cooperar na erradicación de especies alóctonas, en apoio ás tarefas de guías e información, na adecuación de sinais indicativas, na reforestación con especies autóctonas ou na limpeza de praias e sistemas dunais.
Nas illas Cíes desenvolveranse dous tipos de accións nos meses de xullo e agosto. Na primeira, o obxectivo principal, tal e como explicou Rodeiro, é dar apoio ás persoas con diversidade funcional que visitan a illa, ofrecéndolles acompañamento tanto nas visitas guiadas a lugares de interese, como nos momentos de ocio. Esta actividade terá lugar en quendas de 7 días, de mércores a mércores, e poderán participar tres voluntarios por quenda.
A segunda das accións das Cíes é un campo de traballo que contará con catro quendas de 12 días de duración cada unha. Poderán participar 120 voluntarios de entre 18 e 30 anos de diferentes nacionalidades, xa que é unha actividade de carácter internacional. A actividade a desenvolver será ambiental e consistirá en labores de mantemento da illa, vixilancia de incendios, traballos de información e sensibilización aos visitantes e intervencións puntuais de mellora no parque.
![]()
Actividades de formación
Ademais, Rodeiro explicou que o programa inclúe tamén tres accións formativas. A primeira delas xa se celebrou do 19 de marzo ao 20 de abril e os 412 voluntarios que fixeron o curso puideron coñecer a problemática ecolóxica xerada polas plantas invasoras en ecosistemas sensibles como os das illas do Parque Nacional. ![]()
Por último, no mes de maio e en Vigo impartiranse formación aos voluntarios que participen no programa de acompañamento a persoas con discapacidade funcional nas Cíes.
|
* Obradoiro de Iniciación ó contacontos.
* Continua aberto o prazo de inscrición para o curso de conductor de carretilla e os monográficos de kumihimo e alambre e esmalte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.