Hai uns dias decía Luís Aragunde candidato do PP de cambados que tiñan tanta xente para ir na lista que sobráranlle persoas para completar os 27 (17 titulares e 10 suplentes) compoñentes da lista.

Pois parece que para a foto non ten os suficientes pois xa na primeira que sacaron na sede do partido faltaba xente e nesta segunda quitada nos xardíns da Calzada sigue a faltar xente. É curioso que no momento de sacala algún integrante da candidatura andivera de paseo na sua bicicleta a unha rúas do paseo e que non sae en ningunha das duas imaxes (tampouco asistía aos plenos), que Tourís ou Rosa Oubiña non poidan estar presentes ou a número 2 dos suplentes, unha persoa xubilada.
En canto ao do ex concelleiro do BNG que podía ter ido na lista non o poñemos en dúbida pero haberá que recordarlle a Aragunde que algunhas das persoas tanteadas polo PP para ser incluídas, rexeitou o ofrecemento e decantouse por non ir con eles ou por ir noutra lista.

De Tourís podemos agardar calquer cousa, un home que prometeu cumprir o seu mandato e non abandonar aos cambadeses/as e as primeiras escapou deixando de alcalde ao que non lle pertencía, posto que ía de número de 3 obviando a sua número 2. Porque era muller?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.