Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de abril de 2015

LUÍS ARAGUNDE SACA PEITO DAS VISITAS A OFICINA DE TURISMO





O número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego (antigo Inem) na provincia de Pontevedra baixou en marzo en 3.077 persoas e sitúa a cifra total en 100.375 persoas.
Nos últimos 12 meses, o paro rexistrado diminuíu en Pontevedra en 9.881 persoas, cunha taxa de redución interanual que se sitúa no 8,96%.
Galicia, con 5.412 parados menos, foi a cuarta comunidade onde máis caeu o desemprego.

En Cambados os datos son malos. O paro baixou en 6 persoas a pesares de que o concello contratou 30 operarios por medio da Deputación e a Semana Santa non se fixo notar. A pesar delo na web do Concello falan de máis de que os Servizos Turísticos do Concello rexistraron durante a Semana Santa, dende o sábado 28 de marzo ata o domingo 5 de abril, 1.639 consultas na Oficina de Turismo, un dato positivo favorecido polas boas condicións climatolóxicas. De xeito global, as cifras amosan un notable ascenso de 200 consultantes con respecto ó ano anterior, cando o clima foi máis variable que o deste ano. Durante os días festivos principais a maior afluencia deuse o Venres Santo con 437 consultantes, seguido polo Xoves Santo con 254 persoas, e polo sábado día 5, con 232 visitantes. 

Todas esas visitas non se traduciron en máis postos de traballo, nin siquera de xeito estacional como por exemplo  Vilagarcía, Sanxenxo ou O Grove con 109, 154 e 151 parados menos respectivamente.
Hai que recordarlle ao alcalde e compañía que varios hoteis non abriron nestas datas e outros que si o fixeron con grupos que so durmían e almorzaban nos hoteis, pasando o resto do dia fora de Cambados.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.