Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de abril de 2015

"LARPEIROS" DA TVG DE NOVO EN CAMBADOS







Os “Larpeiros” da TVG mantiveron unha animada conversa sobre grandes descubrimentos, como, por exemplo, a gran variedade de fabas que se poden atopar ultimamente nas tendas. De Lourenzá, de Carballo, de León, negras, moradas e de cor canela son algunhas das variedades. Outras que lles gustan moito aos “Larpeiros” son as verdinas, unhas fabas pequenas que en Galicia se chaman fabas de marisco porque van moi ben con estes produtos. 

Leni, que é moi previsora, xa terá unhas verdinas a remollo, á espera de que os cociñeiros se atrevan a facer algo rico con elas. Benigno non deixará pasar a oportunidade de facer un xantar de altura: verdinas con ameixas e lagostinos, un auténtico prato de festa.
Para isto, Adrián emprenderá nesta ocasión viaxe a Cambados, onde, grazas á axuda de Vitoria, se converterá en todo un mariscador profesional. Terá que dobrar o lombo se quere apañar unhas ameixas de primeira para levarlles aos seus compañeiros. Pero a recompensa será ben doce: as galletas de améndoa con recheo de chocolate, preparadas por Merchi e Leni, que o estarán agardando de volta na casa.


LARPEIROS EMITIDO O XOVES 9 DE ABRIL




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.