Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
8 de abril de 2015
FINAL DO CONCURSO "PÍNTAO DE ROCK"
«Píntao de Rock: certame de rock + artes plásticas e visuais» ofrece este venres un concerto no salón Peña co fin de elixir a mellor banda ou solista do certame organizado polo instituto Ramón Cabanillas e o Concello de Cambados. O cartel está composto por grupos integrados por alumnos de Secundaria de varios institutos da bisbarra. Cabina 402, Cuarta Cejilla, Killing Floor e Sofá Ambulante. Os gañadores, ademais de levarse un trofeo, serán premiados coa gravación e edición dun CE-EP de catro temas e unha actuación durante a Festa do Albariño. O concerto comezará ás 20.30 horas e rematará coa actuación do grupo vigués Booty Sweat. O prezo das entradas é de tres euros para menores de 18 anos e de cinco euros para os maiores de idade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.