Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de abril de 2015

CONSTITUÍDA A XUNTA ELECTORAL DE ZONA DE CAMBADOS





Constituída a Xunta Electoral de Zona de Cambados, cos vogais xudiciais elixidos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por comunicación recibida o 18/03/2015, dona Olga Martín Álvarez, don Juan Manuel Hermo Costoya e don Jorge Hernández García, xuíces dos Xulgados de Primera Instancia e Instrución núm. 1, 2 e 3 de Cambados respectivamente, coa asistencia como Secretario do Xulgado Decano de Cambados, don Julio Manuel González Múñoz, de conformidade co artigo 14 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, dentro do prazo legal.

Feita a votación dos membros da Xunta Electoral resulta elixido por unanimidade como Presidente don Juan Manuel Hermo Costoya de acordo cos previsto nos artigos 11.2 e 14.3 da LOREG.

Polo Presidente acórdase o envío da comunicación da constitución da Xunta ao Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, á Xunta Electoral Provincial e á Subdelegación do Goberno para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia para os efectos previstos no artigo 14.3 da LOREG.


As xuntas electorais de zona teñen a súa sede nas localidades que sexan cabeza dos partidos xudiciais, que delimitan a súa competencia territorial. Compóñense de cinco vogais, tres deles, xuíces de Primera Instancia ou Instrución, designados mediante insaculación (candidatos a elexir dentro dun saco ou bolsiña) pola Sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza respectivo e os dous restantes nomeados polas xuntas provinciais entre licenciados en dereito ou en Ciencias Políticas e Socioloxía residentes no partido, a proposta conxunta das forzas concorrentes proclamadas.

As xuntas zona teñen, no seu ámbito, as competencias de resolución de queixas, reclamacións e recursos, de potestade disciplinaria e de corrección de infraccións. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.