Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de marzo de 2015

OS SOCIALISTAS APOSTAN POLA PARTICIPACIÓN CIDADÁN





Os socialistas de Cambados apostan polos presupostos participativos no seu programa
Dentro do seu decidido compromiso coa participación cidadá na vida pública, a formación que encabeza Fátima Abal ven de presentar a súa proposta de presupostos participativos, unha medida incluída no programa electoral e coa que buscan que os veciños e veciñas de Cambados poidan ter un control real e efectivo sobre a xestión dos recursos públicos.
Esta medida consiste na inclusión de partidas nos presupostos municipais das cales os veciños e veciñas poidan facer uso para solventar as necesidades do seu entorno máis cercano. Para elo, os socialistas propoñen realizar reunións abertas de forma regular nos diferentes núcleos de poboación que compoñen Cambados, nas cales poderán participar todos os veciños e veciñas, e serán eles quenes decidan en qué se invirten esas partidas. Ademáis, tamén haberá reunións cos diferentes colectivos e organismos, para conseguir unha distribución o máis xusta posible dos fondos.
Segundo explica Fátima Abal: “ninguén coñece mellor as necesidades dunha zona que a xente que vive nela. Por ese motivo, queremos que a participación cidadá na vida pública sexa real e efectiva. Os representantes dos cidadáns debemos estar ao servizo de éstes, nunca ao revés. Desgrazadamente, en Cambados estamos demasiado acostumados a que os nosos gobernantes nos traten como a súbditos, impedindo que a xente participe na xestión pública, que a fin de contas é a xestión do seu. Os socialistas en cambio, cremos que a participación cidadá non debe limitarse só a votar cada catro anos e dar carta branca aos despilfarros que tan a menudo se ven na nosa vila. Débense reducir as distancias entre os políticos e o resto da sociedade, rematar co despotismo no que un decide unilateralmente o que afecta a todos.”
“Por este motivo –prosegue Fátima Abal-, se os cidadáns nos dan a súa confianza o vindeiro 24 de maio, serán estes mesmos cidadáns quenes protagonicen a vida pública, en lugar de ser simples espectadores durante 4 anos. Para elo, realizaremos reunións periódicamente nas cales os veciños e veciñas coñecerán o estado das contas públicas, proporánse as partidas correspondentes a cada parroquia, e escoitaránse propostas para decidir en qué se invirten eses fondos. As propostas serán analizadas e debatidas pública e abertamente, e sometidas a votación, para que así as persoas teñan un auténtico control sobre cómo se administran e en qué se gastan os seus cartos. Este é un compromiso serio coa democracia e coa transparencia.”

Ademáis dos presupostos participativos, os socialistas avanzan que haberá máis medidas encamiñadas á participación cidadá: “a participación e a transparencia é a vía máis eficaz para que a xente se sinta parte das decicións que afecten ao seu entorno, esta implicación social é a vía máis eficaz para evitar calquer caso de corrupción, xa que se a xente ve con claridade cal é a orixe e o destino dos recursos municipais, estes non poderán ser utilizados de forma irregular. Por eso queremos que os cambadeses e cambadesas sexan os protagonistas do seu propio futuro.”



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.