Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de marzo de 2015

PRESENTADO O LIBRO SOBRE PEDRO PABLO BAZÁN DE MENDOZA



O historiador arousán Víctor Viana presentou hoxe o libro biográfico dedicado ó cambadés Bazán de Mendoza, na compaña do alcalde, Luis Aragunde, e do presidente da asociación Amigos de Valle-Inclán, Xaquín Vallé Inclán. 

Bazán de Mendoza foi un personaxe do século XVIII que se decantou polos franceses cando se produciu a invasión napoleónica (1808) e a Guerra da Independencia. Uniuse ó grupo de liberais que pensaba que unha boa solución para a pésima situación económica, social e política de España sería adaptarse ás novas correntes que a Revolución Francesa trouxera á nosa nación.

O libro de Víctor Viana defende a tese de que a solución aportada por Pedro Pablo Bazán de Mendoza podería ser correcta de non ter existido unha guerra polo medio na que as súas ideas estaban a prol dos invasores de España. Os "afrancesados" foron considerados por moitos coma antipatriotas.

Nacido en Cambados no seo dunha familia da pequena nobreza, era fillo de Benito José Bazán de Mendoza e Ángela Antonia Ojea y Rojas. Estudou Filosofía no colexio beneditino do mosteiro de San Xoán de Poio, e de Dereito na Universidade de Santiago, na que recibiu o grao de bacharel (1776), licenciado (1781) e doutor (1782).
Investigacións recentes demostraron a súa condición de clérigo, un simple beneficiado, aínda que non se sabe se o foi toda a súa vida.
Foi xuíz de excesos e catedrático de Prima de Leis (elementos das leis). En 1783 era o presidente da Academia de ambos Derechos, ingresando na Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.

Un importante afrancesado

De espírito liberal e progresista, do que xa dera mostras a finais do reinado de Carlos III, en tempos de Carlos IV fundou, no cuarto do vicerreitor José González Varela un club de discusión política, receptor das novas ideas que viñan da Revolución Francesa, converténdose no máximo dirixente dos afrancesados santiagueses. O reitor Andrés Acuña prohibiulle a defensa pública as súas conclusiónes, nas que propugnaba unha renovación total dos estudos universitarios.
As súas accións eran moi aparatosas: contan que paseou por Santiago, e chegou até Padrón, montado nun burro ataviado coas insignias doutorais, e fixo diversas protestas relativas á vida universitaria. Acusado de escándalo, privóuselle do dereito a voto (no claustro universitario); porén, foi catedrático de Institucións Civís na Universidade (1806). Por esta época fixo a traducón de Hirza, de Voltaire (Madrid, 1806).
Coa chegada dos franceses a España en 1808, felicitou a Murat nunha carta asinada tamén por González Varela e por José de la Vega, médico e catedrático de Física, razón pola cal a Universidade, o 1 de xuño de 1808 proscribiunos do claustro, e a Xunta gobernativa iniciou o correspondiente proceso.
Pero ao ser ocupado Santiago polas tropas francesas, Bazán e os seus compañeiros, que prestaran xuramento de fidelidade a Xosé I, foron restituídos nas súas cátedras. Durante a ocupación francesa en Galicia, os mariscais Soult e Ney impuxeron unha administración que non coincidiría exactamente co modelo que o rei Xosé I quería impoñer no estado español a imitación do modelo francés. Así, en Galicia, o mariscal Duque de Elchingen, (ou sexa, Ney), como comandante do exército francés en Galicia mantivo as sete provincias coa capital en Santiago, creou un Consello Xeral composto por representantes do clero, a nobreza, o comercio e os propietarios, nomeou correxedor de Santiago a Manuel Sánchez Boado Fraguío, catedrático da universidade compostelá. Para esta institución creou a figura de Director con categoría superior á de Reitor, para a que designou a Bazán de Mendoza e que ostentaba tamén, entre outros cargos, o de Director Xeral da Policía da cidade e provincia de Santiago, novo corpo que se crea neste momento. , intendente de ejército, xuíz de imprentas, superintendente de Correos e Postas, Inspector e censor rexio da Universidade. Bazán usou estes poderes ao servizo da causa francesa, suprimindo o tribunal da Inquisición, e detendo a todos os seus membros o día de San Pedro Mártir de 1809, emviándoos ao cárcere da Coruña. En abril dese ano publicrara Carta a un patriota español.
A colaboración de catedráticos da universidade co exército francés foi considerábel. Esa fidelidade sería recompensada co nomeamento de moitos deles para ocupar cargos públicos na cidade. Así, catro personaxes desta institución serían nomeados por Bazán Maxistrados Inspectores da Policía Xeral para a cidade de Santiago.
Pero, naturalmente, non todos na universidade eran da mesma tendencia. E así, aos poucos días de constituírse a Xunta nesta cidade, decide formar un Batallón, coñecido co nome de Batallón Literario e formado por seis compañías de 168 cadetes cada unha. A noticia foi sorprendente, xa que se trataba de universitarios, fillos das familias máis ilustres de Galicia. Á súa fronte, como comandante xefe do Batallón, estaba Ignacio Armada y Montenegro, Marqués de Santa Cruz de Rivadulla que sería premiado, o abandonar Galicia os franceses, co título de doutor en todas as facultades compostelás. O batallón integraríase no corpo de exército de Blake (quen, por certo, tivo que separar a algúns cadetes por falta de ánimo para sacrificar as súas vidas).
Ao termo da ocupación francesa foi exonerado de todos os seus cargos e expulsado da universidade polos seus propios colegas. Cando os franceses abandonaron Santiago, o 23 de maio de 1809, fuxiu con eles. O 28 de xuño de 1811 pronunciou na catedral de Soria un Discurso sobre la toma de Tarragona por las tropas francesas, exiliándose despois en Francia. Coa revolución de 1820, Bazán intentou regresar a Santiago, pero a Universidad opúxolle reparos regulamentarios para non autorizalo.
Xa antes de saír de España empezara a traducir obras francesas: Esther e Británico de Racine representáronse con certo éxito, aínda que non chegaron a imprimirse; atribúeselle así mesmo a tradución da traxedia clásica de Sauvigny Hirza, co título Religión, patria y honor triunfan del más ciego amor, que se publicou sen o nome do tradutor en 1806.
Xa en Francia, publicou as súas dúas traducións máis importantes:
A da Henriada de Voltaire (1816)  libro no que se titula antigo Señor de Torrecores; a Inquisición de Santiago prohibiuno o 15 de xaneiro de 1817].
E a da Arte poética de Boileau (1817).
Morreu en París en 1835.

UN CAMBADÉS AFRANCESADO QUE ABOLIU A INQUISICIÓN E TRADUCIU OBRAS DE VOLTAIRE: PEDRO PABLO BAZÁN DE MENDOZA (1758-1835) Por Emilio Ínsua.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.