Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de marzo de 2015

OS PSOE CALIFICA DE MOI PRODUCTIVA A XUNTANZA EN OUBIÑA







Os socialistas, moi satisfeitos co resultado da súa primeira xuntanza “achégaTE a Fátima Abal”


“Moi productiva”, así califica a candidata socialista a xuntanza celebrada onte no centro cultural de Oubiña, e que baixo o lema “achégaTE a Fátima Abal” é a primeira dunha serie de reunións cos veciños e veciñas das parroquias, as grandes esquecidas da xestión do Partido Popular en Cambados.
“O goberno municipal só se preocupa de manter as apariencias de cara a fora, ainda que eso supoña escatimar nos servizos que a xente das zonas rurais precisa e merece –explica Fátima Abal-. Nós en cambio cremos que, lonxe de gobernar para a galería, para quen hai que gobernar é para os veciños e veciñas. Por eso puxemos en marcha estas xuntanzas, porque ninguén coñece mellor a realidade dun lugar que a xente que vive nel. A xente ten que ser a protagonista da axenda política, e non ao revés como sucede actualmente en Cambados, onde os gobernados están ao servizo dos gobernantes.”
A xuntanza transcorreu nun tono distendido, no cal as persoas que se achegaron expresaron a súa visión da realidade de Oubiña, das súas carencias pero tamén das súas potencialidades. “A xente está cansa de gobernantes que non escoitan aos veciños, a xente demanda cercanía, que os seus problemas e preocupacións sexan escoitados e atendidos para ser resoltos coa maior celeridade posible. Cesta reunión trouxeron consigo imaxes deplorables do estado no que se atopa esta parroquia cambadesa.






Nas vindeiras semanas continuará esta serie de xuntanzas polas diferentes parroquias, a próxima será en Castrelo. Unha axenda de reunións que dende o PSOE avanzan que manterán se chegan ao goberno municipal. “O noso compromiso coa participación veciñal é firme. Por eso, se os veciños e veciñas nos dan a súa confianza para gobernar, manteremos con eles unha serie de reunións periódicas, nas que analizaremos con eles a nosa xestión.” rematan os Sociliastas de Cambados


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.