Máis dun centenar de mariñeiros da frota galega do cerco volveu á rúa este sábado para denunciar que a actual repartición de cotas de especies como o xurelo, a cabala e a sardiña aboca á "ruína total" a máis de 100 barcos deste segmento, os que se agrupan en torno á asociación Acerga (que engloba ao 80% do sector). Un ano despois das mobilizacións protagonizadas por estes pescadores en cidades como A Coruña, Santiago e Vigo, o escenario esta vez foi o de Monte Pío, na capital galega, ás portas da residencia do presidente da Xunta de Galicia.
Neste lugar fixeron soar bucinas, asubíos e petardos case 200 traballadores, que advirten de que repetirán a estampa de xeito indefinido cada sábado, ata que o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, os reciba para abordar a súa problemática directamente con el, e non coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen xa anunciou que os recibiría este luns xunto ao secretario xeral de Pesca.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.