Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de marzo de 2015

O CAMPIONATO INFANTIL MASCULINO DE BASQUET REGRESA A CAMBADOS




Hai uns dias adiantábamos a case segura designación, hoxe confirmada pola F.E.B.


O equipo de Cambados repite por segundo ano consecutivo como anfitrión deste Campionato, dato que mostra a confianza da FGB na súa xestión, avalada polo éxito recollido nesta mesma sede na edición de 2014.

A localidade pontevedresa de Cambados volverá ser o referente principal para unha competición que mobilizará 32 equipos e preto de 3500 persoas entre os días 14 e 20 de xuño. Unha cita, pois, cun retorno deportivo e económico de alto calado.

A renovada elección de Club Xuventude Baloncesto como eixe para o Campionato de España Infantil Masculino súmase á designación xa publicada de Pontevedra como cidade sede para este mesmo torneo en categoría feminina. Galicia e a Federación Galega de Baloncesto dobran así a súa achega ao baloncesto base de ámbito nacional, agardando repetir o grao de satisfacción de todos os participantes en pasadas edicións.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.