Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de marzo de 2015

A DEPUTACIÓN PREMIA EMPRESAS E ESTABLECEMENTOS POLA SUA CALIDADE TURÍSTICA



A DEPUTACIÓN PREMIA E O CONCELLO PECHA MUSEOS

Ata 188 empresas e establecementos da provincia de Pontevedra recibiron esta mañá, de mans do presidente da Deputación, o distintivo que "premia a dedicación e o traballo realizados no último ano nesa aposta pola calidade, que xa se vén realizando no sector turístico, co fin de ir un paso máis na procura da excelencia turística".
Agrupados en 17 categorías (13 axencias de viaxes, 1 albergue, 32 aloxamentos rurais, 2 bares e cafeterías, 10 adegas, 6 cámpings, 8 comercios, 11 empresas de transporte turístico, 8 empresas de turismo activo, 1 escola de español para estranxeiros, 1 guía turístico, 31 hoteis e apartamentos turísticos, 16 museos e centros de interpretación turística, 10 oficinas de información turística, 5 "outros servizos", 6 praias, 1 porto deportivo, 11 restaurantes, 2 servizos turísticos de saúde, 12 taxis e 1 empresa de turismo industrial), estes 188 establecementos e empresas "atesouran que se están a facer ben as cousas ano a ano. Galicia e as Rías baixas son un destino único e só falta poñerlle o cariño para que o visitante reciba  ese complemento de calidade.
O resto xa o temos: unha paisaxe única, unha gastronomía única e destinos inmellorables", asegurou Rafael Louzán.
O cociñeiro Yayo Daporta, que conta cunha estrela Michelín e o recoñecemento dun sol da Guía Repsol no seu restaurante de Cambados, compartiu a súa experiencia profesional co resto de galardoados, asegurando que "o éxito só é o resumo de buscar no traballo diario a máxima calidade co fin de ofrecerlles o máximo ós clientes". 

Dos 49 premiados no Salnés hai 11 en Cambados, dos que dous apenas están abertos ou carecen de continuidade, o Museo Muíño das Mareas “A Seca”  e a Casa‐Museo Ramón Cabanillas.

Listado de Cambados  
-Bodega Don Olegario Q 
-Bodega Gil Armada 
-Bodega Martín Códax Q 
-Bodegas del Palacio de Fefiñanes Q 
-Museo de Cambados: Casa‐Museo Ramón Cabanillas?
-Museo de Cambados: Museo Etnográfico do Viño 
-Museo de Cambados: Museo Muíño das Mareas “A Seca” ?
-Oficina de turismo do Concello de Cambados   
-Casa Mariñeira Lourdes
-Restaurante Yayo Daporta  Q
-Casa da Muiñeira

Listado total




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.