
A formación liderada por Fátima Abal presentou dous novos recursos ante o Valedor do Pobo, ante a negativa do concello a facilitar documentación requerida para poder exercer as labores de control propias da oposición.
Por unha banda, os socialistas presentaron unha instancia o pasado 27 de febreiro, solicitando o acceso aos movementos bancarios das contas do concello. Ademáis, tamén solicitaron o acceso ao rexistro de entradas e saídas do persoal mediante a pegada electrónica.
Poi ben, un mes despois, dende o concello non deron resposta a ningún dos requerimentos, motivo polo cal os socialistas volven, unha vez máis, a ter que recurrir a outras instancias para que o concello faga o seu traballo.
Fátima Abal sinala que “unha das bases da democracia é o control que realiza a oposición ás accións do goberno. Para poder realizar ese control e esa vixilancia, é fundamental poder analizar toda a documentación para poder buscar calquer posible irregularidade. En Cambados, o goberno municipal non se toma en serio ese principio democrático fundamental.”

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.