BABEL. CANTO DE SEREAS
Inspirado na estética e linguaxe cinematográfica de Won Kar Wai, BABEL é unha obra de cabaré contemporáneo de alto contenido visual e erótico que pivota arredor da creación literaria, as perversions sexuais e o suicidio como líneas dunha historia retrofuturista nunha cidade imaxinaria onde non existen as convencións sociais e onde as cousas móstranse tal e como son.
Domingo 15 de marzo no Auditorio "A Xuventude" de Cambados as 19:00 Hrs.
Entradas en billeteira, 6 € (5€ con tarxeta do paro, carné xove estudantes e maiores de 65 anos).
Despois de oito anos de traxectoria a Compañía Femme Fatale dá un xiro na súa traxectoria e convértese no COLECTIVO FEMME FATALE, unha entidade artística con residencia na sala SALASON de Cangas do Morrazo.
Este cambio de residencia e de fundamento faise para adaptarse ao actual panorama escénico galego optando por solucións máis imaxinativas e máis colectivas.
O Colectivo Femme Fatale nace despois dun curso casting realizado pola Consultora Cultural TIL DIACRÍTICO en Pontevedra en maio de 2014.
Contando coa dirección escénica de Nelson Quinteiro, este colectivo, que agrupa a un grupo de artistas con residencia na área de influencia de Pontevedra-Vigo, vén a presentar a súa primeira obra dentro desta nova andaina, baixo o título "Babel. Canto de sereas".
Na estela de linguaxes anteriores de Nelson Quinteiro como "Varadas" (2008) ou "As Nenas Perdidas" (2011), en "Babel. Canto de sereas" abórdase unha reconstrución do xénero creando unha historia na que A CIDADE é o que simboliza o cabaré. BABEL foi estreado no teatro Colón da Coruña, o 25 de setembro de 2014, dentro do VIII Festival Galego de Cabaré.
Ao mesmo tempo abordan a montaxe de rúa "Azul. Manifesto Vangardista" que foi estreada na Feira Modernista de Sada 2014 ou nas Festas de Noia 2014 ou a montaxe VODEVIL de cara a espazos non convencionais, estreado no VIII Festival Galego de Cabaré.
ELENCO: Ademar Silvoso, Olga del Río, Alba F. Troiteiro, Paloma Saavedra, Santi García Telmo, Arantxa Treus, Rocío Romero Otero, Nelson Quinteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.