Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de marzo de 2015

OS SOCIALISTAS COA MULLER TRABALLADORA






Os socialistas animan a participar nos actos conmemorativos e, sobre todo, reivindicativos deste domingo 8 de marzo, día internacional da muller traballadora.  A portavoz Fátima Abal sinala que “nos últimos tempos estamos vivindo un perigoso retroceso nos dereitos das mulleres, por eso é fundamental que tomemos conciencia da importancia que teñen as políticas activas de igualdade. Por desgraza, o machismo está todavía moi arraigado na nosa sociedade, e cando o poder político non toma medidas para frealo este vólvese máis forte, como vemos que sucede agora, dende que goberna Rajoy”
Para os socialistas apostar pola igualdade é fundamental, vai no noso adn, no modelo de sociedade ao que aspiramos. Conseguironse moitos logros nas últimas décadas, e todos eses logros viñeron da man de gobernos socialistas. Por eso é fundamental seguir avanzando e non dar nin un paso atrás. Porque queda todavía moito traballo por facer.

Fátima Abal sinala que un dos ámbitos no que máis se debe traballar é na educación: “é imposible avanzar na corresponsabilidade e no reparto das tarefas si non hai unha labor educativa, tanto a nivel escolar como sobre todo nos fogares. Por desgraza, vimos dunha sociedade patriarcal, na cal tradicionalmente se impoñía que as tarefas da casa e o coidado dos/as fillos/as eran un ámbito feminino, mentres que os homes tiveron sempre unha maior autonomía. Afortunadamente, nas últimas décadas esa mentalidade está
cambiando, cada vez o reparto das tarefas é máis igualitario. Estamos no momento de romper esa rémora histórica, a pesar da resistencia de moitos dirixentes que están empeñados en volver ao patriarcado. A sociedade está avanzando máis que moitos dirixentes, por eso é importante un poder político que apoie activamente as políticas de igualdade”


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.