Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de marzo de 2015

A XUNTA AUTORIZA UNHA OBRA NA MARXE DEREITA DO UMIA NON PREVISTA













A Xunta de Galicia vén de outorgar a autorización ao Concello de Cambados para a execución dunha área recreativa na marxe dereita do río Umia, concretamente no lugar de Covas de Lobos, na parroquia de San Adrián de Vilariño.
A ameaza do novo partido fai que apuren un proxecto de última hora ou verdadeiramente entraba nos seus plans?
En concreto, as obras de acondicionamento e mellora de parcela para área recreativa consistirán na explanación e refino de terras da zona onde se vai efectuar o parque, vertido de terras nas zonas que o precisen para conseguir unha superficie sensiblemente plana e horizontal, limpeza dos canles naturais para favorecer a drenaxe do terreo, colocación de oito bancos, poda e arranxo das árbores existentes, así como plantación de especies de ribeira e colocación de varanda de madeira na parte lindeira co río, formada por piares de madeira situados cada dous metros e travesas do mesmo material.

As obras autorizadas deberán iniciarse nun prazo máximo de dous meses, debendo quedar finalizadas nun prazo de seis meses.



Como vedes nas fotos outro proxecto novedoso e para fomentar non se sabe ben o que está nesa situación. E coincide que tamén esta na marxe dereita do Umia!!!
É realmente necesaria esta área recreativa?
Como afectarán as enchentes do rio?
E porque non amosan onde se vai facer, a ubicación exacta?











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.