O cantante insiste en que el non cobrou directamente "nin un centavo" da subvención do Goberno de Alberto Núñez Feijóo. É máis, o comunicado sostén que "Enrique aceptou con moito gusto a proposta da Xunta de Galicia para filmar o vídeo nesta rexión", deixando claro que a idea non partiu do cantante.
O vídeo dura catro minutos e medio e nel os exteriores da comunidade ocupan 45 segundos, 38 deles colocados ao final ou ben ao principio e sen música. Pódense ver a Cidade de Cultura, o mosteiro de Carboeiro (Silleda), o faro de cabo Home (Cangas), o canón do Sil, a Torre de Hércules, a catedral de Santiago ou a muralla de Lugo. A canción ocupa o groso do videoclip, desenvólvese supostamente no interior do mosteiro de Carboeiro e recrea unha festa rave.
Fonte:InfoLibre
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.