Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de febrero de 2015

OS SALARIOS DOS TRABALLADORES DO CONCELLO NO BOP









En sesión celebrada o 18/12/2014, o Pleno da Corporación aprobou inicialmente a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT), sendo publicado dito acordo de aprobación inicial no BOP nº 250, de data 30 de decembro de 2014.
Elevado a definitivo dito acordo, unha vez resoltas as alegacións presentadas contra o mesmo, por acordo plenario do 10/02/2015, e de conformidade co disposto polo artigo 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, procédese á publicación íntegra da mencionada RPT, segundo o detalle que se sinala a continuación.
Contra a aprobación definitiva da modificación da RPT, poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo, na forma e prazos que establecen as normas de dita xurisdición, o que non suspenderá por si só a súa aplicación.
Como vedes non aparecen os nomes das persoas nin as retribucións finais que perciben dado que ás cantidades económicas que aparecen hai que engadir outros conceptos coma, trienios, pagas extras, complementos de destino ou específicos polo que estes datos que aparecen son en parte "ficticios".
Tamén pódense ver os emolumentos do alcalde e do tenente alcalde.
Para ver ao detalle pica aquí.
CADRO DOS PRESUPOSTOS






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.