Ante as previsións de chuvia para o fin de semana o Concello de Cambados ven de mudar a programación de Entroido. O desfile de carrozas que se anunciara para o domingo pola tarde trasládase para o martes, e o concurso de disfraces do martes adiántase para o domingo, para celebralo no salón Peña. O concurso contará coa participación do humorista Pepo Suevos, que mañá ao mediodía achegarase ao salón de plenos para presentar as festas do Entroido cambadés. A programación ábrese o sábado, cunha festa infantil, en principio no parque de Torrado, a partir das catro da tarde, e rematará o mércores co enterro da sardiña.Info: "La Voz de Galicia"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.