Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de febrero de 2015

O FURTIVISMO SERÁ DELITO






Os furtivos que marisquean poderán ser condenados con penas de cadea.
Será en canto se aprobe a reforma do Código Penal, que se tramita no Senado, e que considera esta práctica un delito.

As condenas por futivismo no marisqueo irán dende os seis meses aos dous anos de prisión dependendo da gravidade do feito. Ata o momento a estes ladróns do mar, que se amparan moitas veces en situación de insolvencia, só se lles poden impor sancións económicas. 

Este endurecemento chegará coa reforma do Código Penal que esta tramitación na Cámara Alta. A Lei incluirá o furtivismo como falta e a reincidencia como delito. A emenda modifica o artigo 335, que se refire explicitamente "a quen actúe sen o título administrativo habilitante e cause menoscabo na sustentabilidade dos recursos en zonas de concesión ou autorización marisqueira ou acuícola".

A emenda responde a unha vella reivindicación do sector.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.