Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de febrero de 2015

ENTERRO DO MOMO E DA SARDIÑA EN VILANOVA




QUEDADES TODOS CONVIDADOS AO ENTERRO DO MOMO E DA SARDIÑA DE VILANOVA DE AROUSA.
O ESPECTÁCULAR DESFILE SERÁ HOXE DOMINGO 22 de FEBREIRO a partir das 17.00 horas. 
O DESFILE DA FESTA DO MOMO 2014 SAIRÁ DA PRAZA DO CONCELLO E IRÁ POLO NOVO PERCORRIDO

E RECORDADE QUE HAI CAMBIOS NO PERCORRIDO. ASÍ QUEDA AGORA.

A partir das 5 da tarde comenza o espectáculo!!!! A Comitiva do Momo e as carrozas e disfraces concentradas diante do Concello, sairán para percorrer as rúas do centro de Vilanova . Este ano a petición dos establecementos hostaleiros, das comparsas participantes, e dos vecinos, vanse a facer uns cambios na ruta que coidamos serán moito máis operativos e que redundarán nun maior beneficio e comodidade para todos, espectadores, vecindade e hostalería local.
Éste é o novo itinerario:
As carrozas sairán da Avda. do Recheo, cuxo inicio estará coma sempre ubicado diante do Concello. Dirixiránse á zona do Cabo a través das rúas Gonzalez Besada e Avda. de Galicia, continuando o desfile por Agustín Jambrina, San Mauro, Cuxhaven, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, voltando de novo á Rúa González Besada para así rematar na Praza do Castro (a carón do paseo marítimo) coa queima da personaxe misteriosa e cos máis esperados responsos a cargo do humorista e presentador galego Xacobe Pérez. Nesta ocasión utilizará como púlpito o palco da música situado xunto ao conxunto escultórico.
Con esta nova idea preténdense varias cousas. Facer un pouco máis longo o desfile, engadíndolle aproximadamente 200 metros máis ao percorrido, e con iso a posibilidade aos membros das comparsas que desfilan de poder facer unas paradas a modo de descanso. Atraer a veciños e visitantes ao centro do pobo, para darlle maior realce ás rúas do municipio. Levar a comitiva por unha das zonas máis bonitas como é a beiramar e o peirao. Axudar un pouco máis á hostalería de Vilanova para que poida implicarse máis en vindeiras edicións da festa. E por último proporcionarle máis comodidade á xente que se despraza para ver o desfile do Momo, xa que os aparcadoiros do Terrón quedan moito máis preto do casco urbán si se usa a pasarela.
En calquer caso, sabedores de que estos cambios van a xerar certa confusión o primeiro ano, piden, desde o concello a todos, un pouco de paciencia, que se valoren estas melloras, e que fagan suxestións para que en anos venideiros todo siga funcionando  á perfección como ata o de agora. Recordade que a intención tanto do Concello coma da Comitiva Organizadora do Momo é mellorar a festa para que continúe sendo unha xornada festiva a gusto de todos. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.