A través dun voceiro da Deputación, Louzán manifesta a súa "sorpresa e perplexidade ante unha noticia sobre un asunto que ten as súas canles legais pertinentes para ser transmitida e non a través dos medios".
"Ninguén notificou ás partes absolutamente nada do contido desa nota, nin ao procurador, nin ao avogado nin ao fiscal", replican dende o ámbito presidente provincial do PP, e manifestan que, "en novembro, Louzán presentou escrito de solicitude de arquivo e agora suponse que se declara a improcedencia dese arquivo".
"Dicimos suponse porque non se notificou nada", insisten estas fontes, que entenden que a nota "se enmarca dentro da normalidade procesual absoluta, que significa que se abre o procedemento en que se dará audiencia para achegar documentación e material probatorio pertinente antes de que xuíz valore se é pertinente a apertura do xuízo oral".

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.