Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de febrero de 2015

A CONFRARÍA DE CAMBADOS NA CORDA FROUXA





Botadura do "Tragove"
A xunta xeral e o cabildo da confraría de Cambados que dirixe Ruperto Costa terá que resolver un grave problema económico herdado da época na que Benito González estivo á fronte da entidade. O pósito carece de liquidez para pagar os máis de 100.000 euros que lle reclama a Xunta de Galicia pola sobrevaloración do buque "Tragove".
Hai unhas poucas semanas foi notificado  un auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de xuño pasado no que se desestima a petición da confraría de aprazar o pagamento á Xunta ata que se resolva o contencioso-administrativo no que a confraría defende que o "Tragove" custou en realidade os 293.000 euros declarados.
B. González

Isto obriga o pósito a pagar canto antes a cantidade reclamada, pois pola contra se arrisca a que a Axencia Tributaria Galega execute o embargo de bens e ingresos do pósito para garantirse o cobramento pendente.

Nunha reunión na que se abordou este espiñento asunto,  acordouse pedir unha reunión coa Consellería do Medio Rural e do Mar para negociar unha saída ao problema. E é que segundo un informe económico elaborado por unha consultora o pósito carece de liquidez abondo para facer fronte ao pagamento dos 100.000 euros, e deixa caer que a única posibilidade de reunir o diñeiro sería rebaixar o salario do equipo ou eliminar servizos.

O equipo da agrupación de pescadores e mariscadores de Cambados está composto por unhas 20 persoas, e xa sufriron entre xuño de 2013 e o mesmo mes de 2014 un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) de redución de xornada e salario. 
R. Costa
Un informe demoledor

En maio de 2013 a Xunta de Galicia ordenou á confraría de Cambados a devolución de 84.000 euros ao entender que o pósito cobrara unha subvención maior da que lle correspondía polo buque "Tragove", xa que segundo os técnicos da Xunta o prezo da embarcación fora inflado.

O cabido do expatrón maior -e aínda presidente en funcións da Federación Galega de Confrarías-Benito González encargou entón a unha consultora un informe económico-financeiro sobre o que suporía para o pósito facer fronte a ese pagamento. O devandito informe rematou en febreiro deste ano e as súas conclusións son demoledoras. Segundo este, a confraría de Cambados está na UCI dende o punto de vista económico.

Os consultores sinalan que a confraría "carece de capacidade financeira para facer fronte ao pagamento desta débeda". Por iso, os autores do informe formulan que "facer fronte á devolución desta axuda implica necesariamente deixar de pagar nóminas, seguros sociais, servizos, subministracións ou taxas ordinarias que automaticamente paralizarían parte da actividade da confraría, co conseguinte risco sobre o normal funcionamento da entidade,".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.