Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de febrero de 2015

HOXE ENTÉRRASE A SARDIÑA EN CAMBADOS




Exposicio del ninot indultat 2015.Valencia.

Hoxe Cambados enterra a sardiña.
A continuación tedes os actos a celebrar na tarde noite deste mércores de cinza.

18:30 h Na Praza do Concello Degustación de doces típicos de Entroido elaborados polas asociación de Amas de Casa “Albariño” de Cambados. 
19.00 h Lectura do sermón e marcha funesta dende a Praza do Concello ata a praia de San Tomé para enterrar ao Pequeno Nicolás. O presbítero que se atope de garda fará lectura dos correspondentes responsos e daralle a extrema unción antes de que pase a ser pasto do lume purificador. As exequias e os diferentes actos convócase ás forzas vivas, viúvas e viuvos alegres, carpideiras, boys, gogós e todos os que o queiran despedir. As marchas fúnebres serán divertidas e irreverentes amenizadas pola Charanga Os Rouba Bicos. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.