Mamá Deputación ten que votar man do Concello de Cambados que cada dia que pasa ten menos cartos ou o que é peor os números vermellos aumentan de forma escandalosa.
A Deputación de Pontevedra concedeulle unha subvención de 240.409 euros ó Concello de Cambados para mellorar a seguridade viaria no lugar do Sineiro, en Vilariño.
A obra consistirá na renovación integral do pavimento da estrada e na construción de beirarrúas nun dos lados da calzada. O obxectivo do traballo é mellorar as condicións de seguridade da vía que sirve de acceso ó colexio de Vilariño, ó campo de fútbol e á bodega Martín Códax.
A subvención concedida será para acometer a primeira fase da mellora integral da estrada de subida a Burgáns, en Cambados. As actuacións abarcarán desde o cruzamento coa avenida de Vilariño ata as proximidades da parcela onde se sitúa a empresa Transportes Núñez. Nunha segunda fase a Deputación afrontará a conexión da subida a Burgáns coa estrada provincial A Modia-Oubiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.