Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de enero de 2015

SOPA DE SIGLAS NAS ELECCIÓN DE MAIO EN CAMBADOS





Hai uns dias este blog puido saber que pode haber ata cinco candidaturas nas eleccións de maio. 

Unha das que se pensan presentar as eleccions a alcaldia de Cambados tiña pensado facelo sempre e cando, fose certo o rumor de que Louzán fora na candidatura do PP para de Cambados. Unha vez que Louzán confirmou que seguiría na lista de Ribadumia, non podemos asegurar que esta candidatura siga adiante. A xente que está involucrada nesta posible candidatura conta co respaldo de un partido minoritario pero de nivel nacional.
Tamén están convencidos de que si se presentan, poden conseguir un representante na corporación local. Están totalmente convencidos de que é posible contar co apoio dos veciños para polo menos acadar ese concelleiro.
A outra posible candidatura sería unha que agrupase a xente de Podemos, Somos Maioría e independientes e que verían con bo ollo facer unha fronte común con outras forzas políticas (BNG, POSE, EU, ANOVA ....) para acadar unha maioría suficiente para gobernar Cambados, algo realmente difícil e complicado de facer, xa non so en Cambados senón en moitos outros sitios onde se plantexou a posibilidade desa "Fronte".
Os primeiros pasos estanse a dar e daquí a maio todo pode ser posible.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.