CORES DE CAMBADOS está a piques de cumprir 3 anos.
Nestes tres anos con altos e baixos, foi medrando ata acadar unha audiencia fiel, pequena pero fiel, que cada dia visita o blog e incluso nos momentos nos que por razóns de traballo ou avaría e non se podía estar ao dia, e non imos pecar de inmodestos e temos que decir que esas verbas de alento "enchíannos o peito e non collíamos na camisa".O blog non naceu con aspiracións de ser un referente, naceu polas ganas dos autores de comentar a realidade do que acontece na comarca, en Galicia ou España ou máis ben a realidade desde o punto de vista dos administradores e colaboradores.
O número de visitas foi crecendo ata chegar a 198.000.
Moitas foron as alegrías e parabéns recibidos neste tempo e tamén houbo críticas, algunhas das cales fixeron mella nalgún dos administradores e que fixeron que algúns dos artigos tivesen que ser reformados (por imaxes aparecidas) ou mellor redactados por inducir a equívocos que non era a nosa intención que se produxeran.
Lembrarlle a certos persoeiros de Cambados que a crítica non quere decir que se lle desexe a morte a ninguén como van decindo algúns politicuchos "baratos", que se cren os reis do mambo.
Neste intres queremos agradecervos o apoio que vos os lectores e seguidores nos brindades e que agardamos seguir cumprindo anos, o que será sinal de seguimos en primeira liña.
E como non desexarvos a todos que o vindeiro ano sexamellor que este que acaba.
FELIZ 2015
E MOITAS GRAZAS !!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.