Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de enero de 2015

PREVIA DO GETAFE-XUVEN




Traxectoria similar para uns e outros, que dirimirán forzas no segundo partido do ano no Juan de la Cierva de Getafe. Ambos os dous equipos pechan a zona de 'playoff' e con só unha vitoria de diferenza entre eles. A ida deixou soamente un mínimo máis un para os madrileños. É polo tanto un choque de prognóstico tremendamente incerto e a priori extremadamente igualado. O que está claro é que tamén será un choque de estilos, xa que a vocación para xogar a campo aberto e ao límite atrás dos locais non é completamente compartida por XuvenCambados, que tivo que readaptar o seu equipo ao final de ano e tras un decembro colosal, buscará os seus puntos fortes, con Nkaloulou en modo crecente e Oubiña de baixa por tres partidos. Haberá que ver se a derrota por case 20 puntos encaixada en Larrea pasa factura aos de Yago Casal.


A seguir: Spires, un dos matadores da Liga, terá que lucirse ante o mellorado Nkalouou e o veterano Rodríguez.
O dato: O Getafe é o segundo equipo que comete máis faltas. Agresividade e intensidade ao máximo en tarefas defensivas dos de Armando Gómez.
A ida: +1 para Getafe (67-68)
Data e hora: domingo, 19:00 horas



Fotos: XUVEN

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.