Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de enero de 2015

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS DENUNCIAN O ABANDONO DO CENTRO DE SAÚDE DE CAMBADOS





"O Centro de Saúde de Cambados atópase nunha situación lamentable e non parece que desde o equipo de goberno exista intención de solucionar de ningún xeito o estado de total abandono no que está o interior do edificio: ten humidades, desperfectos, portas rotas, teitos estropeados, manchas de óxido, suciedade...desde logo non parecen as condicións máis óptimas para ningún edificio, pero para un Centro de Atención Primaria, moito menos. A situacion é realmente vergonzosa".


"Desde logo, como veciños non entendemos como se chegou a tal estado de abandono deste edificio, totalmente insalubre, e moito máis dado a natureza do mesmo, xa que a él acoden a diario persoas con defensas baixas, nenos, e anciáns, que soen ser máis vulnerables ante determinadas situacións coma éstas; e como representantes deste Concello non podemos quedar impasibles vendo como o Centro está cada día peor, as queixas son máis numerosas, os riscos de enfermidades infecciosas cada vez máis altas, e como o Alcalde permanece alleo á realidade que estamos a vivir os demáis veciños. A situación do centro chegou a un punto de esperpenticidade extrema: para abrir unha das portas hai que tirar por unha venda de facer curas...“
Unha vez máis, os socialistas voltamos a dicir o mesmo que levamos dicindo desde hai moito tempo: o noso Alcalde preocúpase máis de ter un Concello de fachada, bonito a quen pasa por él, esquecendo as necesidades básicas que teñen a diario os veciños cambadeses. Unha actitude cada vez máis despreocupada e de abandono das cousas realmente necesarias e importantes para os veciños, xa que nin sequera toma parte nesta situación de deixadez do centro para instar a quen corresponda o arranxo deste.

Por iso, no escrito rexistrado esta mañá no Concello solicitan que se inste ó organismo competente para que coa maior celeridade e urxencia, adopte as medidas necesarias para que o Centro de Saúde de Cambados volte a parecer o que realmente é: un Centro de Atención Primaria, o que temos os veciños máis próximo para acudir en caso de necesidade, e que teña unhas condicións hixiénicas e de salubridade que garanticen a nosa saúde e seguridade.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.